Saturday 03 de May de 2025

O Concello recoñece os éxitos do Club Remo Puebla, que conquistou dúas medallas no Campionato de España de Bateis


O Concello recoñeceu, esta tarde, ao Club Remo Puebla polos resultados obtidos durante o Campionato de España de Bateis. Durante o certame, que se disputou na bahía de Castro Urdiales no mes de abril, a agrupación fíxose con dúas medallas, conseguindo, así mesmo, outras cinco posicións destacadas en diferentes categorías.

No Concello foron recibidos polo alcalde, José Carlos Vidal, e polos concelleiros e concelleiras do goberno local Eloy Sobrido, Amparo Cerecedo e Estefanía Ramos e tamén da corporación municipal.

No Campionato, o Club Puebla conquistou un metal de ouro na categoría alevín masculino e un bronce na de cadete masculino. Así mesmo, acadaron a 5ª posición en infantil masculino (final A), a 5ª en alevín e cadete feminino (final A), o 7ª posto na categoría xuvenil masculino (desde a final B) e o 9ª na de infantil feminino (desde a final B).

Previamente á recepción na Casa do Concello, os membros da entidade realizaron un percorrido pola vila partindo desde a dependencias do Club ata a instalación municipal.

Deja un comentario