
· O concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta sa trasladou á localidade lucence representando a Ribeira
· Durante a fin de semana, 28 municipios e entidades de Galicia e o Norte de Portugal promocionarán a súa cultura e gastronomía
Expocidades inaugúrase no día de hoxe, na Praza da Vila de Sarria, que se convertirá no epicentro do turismo de proximidade coa celebración da VII edición da Feira de Turismo do Eixo Atlántico. Vinte e oito concellos e entidades de Galicia e do norte de Portugal reuniranse para amosar o mellor da súa oferta cultural, patrimonial e gastronómica. Durante a fin de semana haberá visitas guiadas, catas de viños, degustacións gastronómicas, concertos, exposicións, obradoiros infantís e exhibicións de artesanía en vivo, entre outras actividades.
O segundo tenente de alcalde informou que este tipo de formato de feira “promove un turismo de proximidade, familiar, gastronómico, cultural e de calidade”. Suárez-Puerta subscribiu as palabras de Xoán V. Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico na inauguración da feira na que salientou que “precisamos un turismo gourmet e de calidade que veña a Ribeira a gozar; o que non precisamos son macrofábricas coma a de Altri que poden acabar coa nosa ría e con elo o noso sistema de vida”.
A xente achégase ao stand de Ribeira, “se lle está facendo entrega de material promocional, sobre todo das nosas festas gastronómicas; do percebe, do polbo e da navalla polas cales preguntan polas datas”, Colomer sinalou que “o obxectivo se está cumprindo e que imos ter moita xente que vai a vir a gozar das nosas festas gastronómicas grazas a que estamos presentes neste tipo de escaparates que nos permiten posicionar a Ribeira turisticamente como un produto de alto nivel”.
Sarria preparou un extenso programa para animar todaesta fin de semana. Cada día da feira estará dedicado a un ámbito territorial distinto: o venres a Galicia, o sábado a Europa e o domingo a Portugal. Entre os actos destacados están tres visitas guiadas sobre o Camiño Francés, as antigüidades locais e a vida de Matías López, empresario e chocolateiro de Sarria, dirixidas por expertas como Silvia Mondelo. Tamén haberá unha exclusiva cata de viños galegos e portugueses para un grupo reducido de asistentes.
A música terá un papel protagonista, con concertos de diversos estilos, incluído un tributo a ABBA, a actuación da banda local Louband e o peche a cargo do grupo sarrián Clarisaxos. Para os máis pequenos organizaranse obradoiros de chocolate, maxia e creación de instrumentos con materiais naturais, mentres que os adultos poderán participar nun obradoiro de baile tradicional galego. O domingo 4 de maio, Sarria renderá homenaxe a Portugal cunha sesión vermú de fados a cargo da cantante Iria Estévez.
Ademais, na mesma fin de semana Sarria acollerá eventos deportivos como a Pretorian Race e un rally de coches clásicos organizado polo club Clásic@s Sarria.
Expocidades é unha iniciativa promovida polo Eixo Atlántico que fomenta o turismo de proximidade e o intercambio cultural entre Galicia e o norte de Portugal. Durante tres días, Sarria converterase nun escaparate da riqueza e diversidade do territorio atlántico.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.