Saturday 03 de May de 2025

O Día Internacional da Danza celébrase no Malecón o día 4 de maio cunha mostra de “Line Dance” e Baile Social.


“Emociónate co Baile” é un programa co que o Taller Alecrín en colaboración cos Concellos de Santiago, A Pobra do Caramiñal e Ribeira quere conmemorar o Día Internacional da Danza que se celebra o 29 de abril en todo o mundo, data sinalada pola UNESCO no ano 1982 en honor a Jean-George Noverre co fin de fomentar a participación e a educación da Danza a través de eventos e festivais.
Á presentación asistiron, a concelleira de Cultura, Antía Alberte xunto co Director Técnico Pedagóxico, Francisco Muñiz.

O concelleira informou que a mostra “Line Dance” e Baile Social “vén sendo unha clase aberta baixo o título “Emociónate co Baile” e con motivo do Día Internacional da Danza -29 de abril- presenta o Taller Alecrín en colaboración coa concellería de Cultura o día 4 de maio ás 14 horas no Malecón de Ribeira”, e engadiu “no caso de mal tempo se trasladará á Carpa Municipal”.

Francisco Muñiz salientou que “se pretende mostrar a importancia da promoción e ensinanza do baile a tódolos niveis e sectores da poboación cun evento aberto e participativo no que se poda ver a forma de traballo das alumnas e alumnos que asisten aos obradoiros de ”Line Dance” e “Baile Social”.
Muñiz a continuación falou dos obxectivos do programa –Emociónate co baile–, “en relación a Gean-Jeorge Noverre e a M. Barysnikov persoeiro encargado da mensaxe deste ano tendo como telón de fondo a historia a través das emocións”.

O evento constará dunha selección de propostas de Linedance e Baile Social, coreografías de grupo, xogos e algunha que outra proposta para provocar a participación de tódolos asistentes.
Muñiz rematou dando as grazas ás entidades “que fan posible este tipo de iniciativas, aos alumnos e alumnas dos obradoiros e ao Concello de Ribeira.

Deja un comentario