Dende o día de onte e ao longo dun mes, o Museo do Gravado de Artes vai exhibir a exposición colectiva Positivo/Negativo, formada por 30 obras creadas por sete estudantes da Faculdade de Belas Artes de Pontevedra.
O acto inaugural contou coa participación dos comisarios da mostra, Nuria Bouzas e Pablo Loureiro; a directora do museo Laura García e a concelleira de Educación de Riveira e parlamentaria autonómica Herminia Pouso. Tamén acudiron ao evento algúns dos autores partícipes na exposición, como o riveirense Edgar Gómez, que comparte sala con obras da autoría de Daniel Canabal, Cristina Durán, Yatir Fernández, Daniel Ferreira, Alejandra Lago e María Prada.
Na mostra converxen distintos puntos de vista a través do gravado e técnicas gráficas en xeral, tanto os procedementos máis clásicos como a xilografía ata a estampa dixital, centrándose nas posibilidades formais que son intrínsecas a estas técnicas e, en especial, a idea de traballar en negativo, xerando unha imaxe a través do vaciado da matriz.
Dende a organización se destacou a aposta que polos novos creadores se quere potenciar dende o Museo do Gravado a través de iniciativas coma esta.