
Un total de 22 entidades disporán de 408.000 euros para a celebración das súas festas patronais
O Concello acaba de conceder a 22 entidades veciñais un total de 408.000 euros que se destinarán a organizar e celebrabrar das festas tradicionais de cada barrio. O Concello abriu este ano un novo sistema, en concorrencia competitiva, para que todas as asociacións solicitasen ata un máximo de 20.000 euros cada unha para organizar as súas festas.
A Concellaría de Cultura e Turismo concedeu finalmente o 100% dos fondos solicitados por todas e cada unha das entidades para a organización dos eventos. Só houbo dous casos nos que foron rexeitadas parcialmente as solicitudes, porque ambas incumprían as bases: unha delas por solicitar fondos a maiores para unha festa no Nadal e outra por pedilos para o San Xoán. As subvencións están deseñadas unicamente para apoiar nas festas tradicionais e patronais, e non para outro tipo de eventos.
“Coido que con esta ferramenta dotamos a todas as asociacións dos fondos necesarios para organizar as festas tradicionais de todos e cada un dos barrios, e ademais damoslles total liberdade a todas as entidades para que cada unha delas decida que contidos considera máis acaídos para as súas celebracións”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
O Concello contou para este ano co maior orzamento aprobado até o de agora para este tipo de celebracións, 500.000 euros. Finalmente, as solicitudes das entidades sumaron 408.000 euros. Así, cada asociación poderá desenvolver integramente a programación que tiña prevista.
ENTIDADE | FESTA | IMPORTE
SOLICITADO E CONCEDIDO (€) |
|
1 | ASOC DE VECIÑOS DO VENTORRILLO | Festas Ventorrillo | 20.000,00 |
2 | ASOCIACIÓN VECIÑAL AGRA | Foliagra | 15.670,97 |
3 | ASOC DE VECIÑOS
PERULEIRO-MARIÑEIROS |
Festas do Carmen | 13.054,96 |
4
5 6 |
ASOC DE VECIÑOS Y COMERCIANTES SAGRADA FAMILIA
ASOC DE VECIÑOS DE PEDRALONGA ASOC DE VECIÑOS MONTE MARTELO |
Festas Sagrada Familia
Festas Pedralonga Festa de barrio Monte Martelo |
18.029,79
12.807,20 20.000,00 |
7 | ASOC DE VECIÑOS CASTRILLÓN SOTO IAR | Festa do Castrillón-Soto iar | 20.000,00 |
8 | ASOC DE VECIÑOS MESOIRO E VÍO | Festas barrio Mesoiro | 17.290,00 |
9 | ASOC DE VECIÑOS BENS-PENAMOA | Festas barrio Bens | 20.000,00 |
10 | ASOC DE VECIÑOS OZA GAITEIRA OS CASTROS | Romaría dos Castros | 20.000,00 |
11 | ASOC DE VECIÑOS OZA GAITEIRA OS CASTROS | Lembranza Rock | 20.000,00 |
12 | ASOC DE VECIÑOS OS MALLOS
PLATAFORMA |
Os Mallos en festa | 19.970,00 |
13 | ASOC DE VECIÑOS MONELOS-FUENTE MAJARITAS | Festas do verán | 14.011,02 |
14 | ASOC DE VECIÑOS Y COMERCIANTES FALPERRA | Día do comercio na rúa | 17.850,00 |
15
16 |
ASOC DE VECIÑOS CULTURAL E DEPORTIVA LOS ROSALES
PLATAFORMA VECIÑAL BARRIO DE LAS FLORES |
Festas patronais
Festa dos Mallos Barrio Flores |
20.000,00
20.000,00 |
17 | ASOC DE VECIÑOS CIDADE
VELLA-MªPITA |
Festas do Rosario | 20.000,00 |
18 | ASOC DE VECIÑOS FRANCISCO RODRÍGUEZ OTERO | Festa dos porcos | 20.000,00 |
19 | ASOC DE VECIÑOS ATOCHAS, MONTE ALTO, TORRE DE HÉRCULES | Festas barrio Monte Alto | 20.000,00 |
20 | ASOC DE VECIÑOS PALASOC DE VECIÑOSEA OS NOSOS LARES | Festas de barrio | 20.000,00 |
21 | ASOC DE VECIÑOS OS REXUMEIROS CASTRO DE ELVIÑA | Festas S. Vicente de Elviña | 20.000,00 |
22 | ASOC DE VECIÑOS EIRÍS UXÍO CARRÉ | Festa da fresa | 20.000,00 |
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.