O Concello de Riveira informa de que con motivo da apertura do novo Viveiro de Empresas de Riveira, esta instalación situada no lugar de Fafián vai dar cabida ao Servizo de Información, Orientación Laboral e Prospección de Emprego: un servizo que ata agora se viña prestando na Casa da Xuventude.
Cómpre lembrar tamén que os emprendedores e emprendedoras interesadas en ocupar unha das nove oficinas do viveiro teñen ata o día 16 para formalizar as súas propostas.
A documentación necesaria para formalizar a solicitude de espazo pódese descargar en http://www.riveira.es/documento/viveiro-de-empresas/