
Unha decena de espectáculos en directo, ademais de cinema, chegarán a Neda este ano da man da Rede cultural da Deputación da Coruña. A oferta de lecer, cofinanciada polo Concello, permitirá contar na vila durante este ano con propostas teatrais, musicais e danza.
Así, o programa Escena ao vivo!, protagonizado por compañías e grupos profesionais de toda Galicia, traerá entre outros, espectáculos teatrais “Testosterona”, comedia de Malasombra Producións sobre a desigualdade laboral, ou o infantil “Kyoki”, de Elefante elegante, que aborda a temática da perda de memoria, a vellez e a soidade.
No marco da colaboración co ente supramunicipal, a veciñanza de Neda xa puido desfrutar da representación de “As vellas non deben de namorarse”, do Grupo de teatro Airiños.
No que resta do ano, tamén haberá espazo para a danza, con propostas como “Alleo” do Colectivo Glovo, e para a música co proxecto Trilitrate e co folk de Lenda ártabra. Finalmente, a carteleira incluirá ademais cinema en galego .
A Deputación da Coruña e o Concello de Neda cofinanciarán os espectáculos, ascendendo a subvención provincial a 17.643 euros, correspondentes ao 75% do coste do conxunto de propostas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.