Friday 02 de May de 2025

A Pobra conecta á veciñanza cos bailaríns a través da actividade ‘Emociónate co baile’


A proposta serviu para celebrar o Día Internacional do Baile.

O baile converteuse, esta tarde, no gran protagonista da Pobra. Grazas á actividade ‘Emociónate co baile’ impartida por Taller Alecrín, o Concello logrou xerar unha conexión entre o público e o corpo de danza da compañía. Unha proposta diferente que a Concellería de Cultura organizou para celebrar o Día Internacional do Baile.

A proposta consistiu nunha mostra de line dance e baile social. Así, ao longo da tarde, interpretáronse varios estilos, realizando un auténtico percorrido por diferentes bailes e ritmos.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, sinalou os numerosos beneficios da danza, non só “a nivel físico e emocional, senón tamén a social, e iso foi algo que quedou demostrado na actividade de hoxe, que contou coa participación dun amplo número de veciños e veciñas”.

Deja un comentario