
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou recentemente —acompañado polo alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos e representantes do sector da venta ambulante de Galicia—a feira organizada polo municipio, a cal realizase de xeito quincenal todos os meses, onde os comerciantes expoñen os seus produtos, sendo unha canle idónea para incentivar as vendas e cun rol fundamental para reforzar a vitalidade da localidade, atraendo visitantes e dinamizando a vida económica e social.
Neste senso, o director xeral resaltou que no recentemente aprobado Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030, recóllense accións para promover un circuíto de feiras de Galicia tal como a de Curtis, exemplo do bo facer en canto á dotación de servizos e organización. O obxectivo do plan, no relativo ao sector da venta ambulante e continuar traballando da man de concellos e feirantes para poder achegar ese circuíto de feiras de Galicia cuns estándares de calidade tanto en servizos coma en organización, axudando a homoxeneizar as ordenanzas municipais a prol de facilitar e dignificar o traballo dos autónomos ambulante convertendo a súas ventas nunha forma de mercado de atracción, ata o comercio local das vilas e cidades.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.