
Actuará no Palacio da Ópera o sábado 3 de maio ás 20,30 horas no marco da súa nova xira onde interpreta os seus grandes éxitos para despedirse dos escenarios
A Xunta de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, achega esta fin de semana a voz de Paloma San Basilio á cidade da Coruña. A gran diva da canción despídese este 2025 dos escenarios cunha gran xira internacional, o seu “GRACIAS Tour”, onde interpretará os seus grandes éxitos nun concerto para o recordo. A xira fará a súa parada en Galicia este sábado, día 3 de maio, no Palacio da Ópera da Coruña, a partir das 20,30h, da man dos Concertos do Xacobeo impulsados por Turismo de Galicia. As últimas entradas para o directo de Paloma San Basilio na Coruña están dispoñibles a través da plataforma www.ataquilla.com.
Paloma San Basilio é unha das voces más icónicas e versátiles da escena musical latina, que ofrece neste 2025 a súa esperada xira mundial titulada “GRACIAS”, en honor aos seus 50 anos de traxectoria artística. Acompañada pola súa banda, que inclúe á súa propia filla entre as coristas, a artista promete unha experiencia inesquecible e chea de música, emoción e recordos. A xira “GRACIAS” será un tributo aos grandes éxitos que definen a súa carreira, onde non faltarán cancións tan emblemáticas.
O concerto forma parte do ciclo Concertos do Xacobeo impulsado por Turismo de Galicia e que inclúe outras citas na Coruña onde a Xunta apoia máis dunha quincena de grandes eventos. Entre as figuras internacionais, nacionais e galegas que actuaron ou actuarán na Coruña este ano, xa sexa en concertos individuais, ciclos ou festivais de renome, se dan cita nomes como os de Marc Anthony, Franz Ferdinand, Lenny Kravitz, Alanis Morissette, Lionel Richie e Foster The People –todos eles, no marco de O Gozo Festival–, Dani Fernández, Ryan Adams –no marco do ciclo Maresía–, Paloma San Basilio, Chayanne, Marc Anthony, Coque Malla, Vanesa Martín ou grandes figuras programadas no Morriña Festival, como Nathy Peluso, Ozuna, Peso Pluma e Residente, ademais dos artistas do Recorda Fest (con Álvaro de Luna, Leire Martínez ou Nena Daconte como cabezas de cartes) e o Wake Up! Festival.
Co regreso dos Concertos do Xacobeo neste 2025, a Xunta de Galicia consolida o seu apoio á música en vivo, e continúa a liña de traballo estratéxico de pasadas edicións do evento, que sumaron desde 2021-2022 máis de 2,5 millóns de espectadores. O programa completo de Concertos do Xacobeo 2025 está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.