
O parque provincial de Boiro interveu, esta mañá, nun accidente de tráfico que se produciu en Outes e no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida. O persoal do parque recibiu, ás 06.08 horas, un aviso no que se informaba da saída de vía dun vehículo no lugar de Viro, á altura do número 30, no concello de Outes. Segundo a información proporcionada, o coche impactara contra unha vivenda da zona e as persoas que viaxaban no mesmo non respondían.
Á súa chegada ao lugar, o acompañante que viaxaba no automóbil estaba xa sendo atendido por unha das ambulancias localizadas no punto. Pola súa parte, os bombeiros procederon a realizar a excarceración do condutor xunto ao GES de Noia. Para iso, retiraron a porta e realizaron a extracción do condutor, certificando finalmente o seu falecemento.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.