
O Goberno municipal aprobou no pleno celebrado esta tarde a realización de dúas novas obras. En concreto trátase da primeira fase de renovación das redes de pluviais e saneamento na avenida Concepción Arenal en Santa Cruz, desde o Preludio ata praza Esther Pita, por importe de 208.333,31 euros; e da instalación dunha nova sala de máquinas para a piscina municipal Dorneda, por importe de 370.713,77 euros.
O pleno aprobou outros asuntos tales como preservar o uso comercial dos baixos nos núcleos urbanos. As zonas, publicadas na web municipal, están situadas en Mera, Oleiros, Perillo, Santa Cruz, Rialta e todo o eixe económico conformado pola antiga N6, destinado xa desde hai décadas ao comercio de escaparate aproveitando a importancia da avenida das Mariñas como eixo viario metropolitano de primeira magnitude.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.