
Rey pon en valor a iniciativa nacida na Coruña co obxectivo de converterse na universidade dual de referencia en España
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey recibiu esta mañá en María Pita aos promotores e representantes do novo Consello Asesor Empresarial do proxecto da Universidade Emilia Pardo Bazán que se presenta oficialmente esta tarde á comunidade.
Un proxecto que nace na Coruña pero engloba a boa parte da sociedade empresarial galega e que ten como obxectivo crear unha universidade privada ao servizo de Galicia, conectada co tecido social e empresarial galego, como alternativa real para a formación dos futuros profesionais.
Rey destacou a vocación deste proxecto de complementar a oferta educativa actual sen competir coas universidades públicas xa que o obxectivo da iniciativa tal e como subliñaron os seus promotores é que Galicia poida contar cunha universidade cunha oferta de calidade para evitar que cada ano máis de 7.000 estudantes galegos saian de Galicia a buscar outros modelos universitarios. “Desde o Goberno apoiamos todos aqueles proxectos que contribúan a xerar emprego e riqueza na nosa cidade e que melloren a oferta formativa e educativa que xa temos, poñendo sempre por diante a vocación de servizo público e a nosa aposta pola universidade pública, coa que segundo os promotores deste proxecto, non buscan competir, senón complementala”, indicou Rey.
Tamén puxo en valor o compromiso da nova entidade de crear un programa de bolsas que sexa un referente nacional, coa previsión de conceder dez millóns de euros ao ano en axudas ao estudo (no momento de implantación do 100% dos programas universitarios do proxecto) e a vocación de converter á cidade da Coruña nun hub educativo internacional.
Promotores Universidade e institución educativa:
∙ Rosa Carril – Vicepresidenta CESUGA y Directora General Grupo Aluman ∙ Francisco Cernadas – Accionista CESUGA y Presidente Grupo INCOGA ∙ Constantino Fernández -Accionista CESUGA y Presidente ALTIA
∙ Manuel Ángel Pose – Accionista CESUGA y Presidente Grupo Aluman ∙ Ignacio Rivera – Accionista CESUGA y Presidente Corporación Hijos de Rivera ∙ Inés Salcines – Directora General de efbs Grupo Educativo
∙ Venancio Salcines – Accionista CESUGA y Presidente CESUGA y efbs Grupo Educativo
Representantes Consello Asesor Empresarial:
∙ Senén Ferreiro – Presidente Valora
∙ Joaquín González – Presidente Vegalsa Eroski
∙ José González – Presidente Luckia
∙ Pablo Junceda – Director General Sabadell Gallego
∙ Emma Lustres – Productora Cinematográfica
∙ Rocío Pazos – Directora Territorial Santander
Asociación Pro Legado Emilia Pardo Bazán e membros futuro Consello Social ∙ Miguel Ángel Cadenas – Ex Presidente Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ∙ Carmen Colmeiro – Condesa Pardo Bazán
∙ Jacobo Enríquez Colmeiro – Familia Pardo Bazán ∙ Mercedes Casanova – Presidenta Cruz Roja Galicia
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.