Thursday 01 de May de 2025

Ambar presenta a XI Carreira pola Diversidade no Concello de Ribeira 


Hoxe 30 de abril ás 11h a Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional estivo  presentando a XI Carreira pola Diversidade no Concello de Ribeira. Na presentación estiveron  presentes Xabier Vidal, concelleiro de deportes; Fernando Abraldes, concelleiro delegado de  Mar; Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar; Joserra Figueira, responsable de deporte  da entidade e Manuel Alonso, integrante do Equipo Running de Ambar. 

Nesta xornada destacouse que a XI Carreira pola Diversidade terá lugar o 11 de maio ás na  Explanada de Coroso – Ribeira ás 10h. Como complemento á modalidade presencial da  Carreira, ofrécese a posibilidade de realizar unha andaina, a cal sairá xusto despois da saída da  proba absoluta cas diferentes categorías. 

As inscricións para as modalidades estarán abertas ata o 6 de maio en cronotec.es e na mesma plataforma está dispoñible a posibilidade de facer unha doazón solidaria a través do Dorsal 0.  A cota de inscrición é de 7,50€ e a recadación destinarase a organizar saídas e respiros  familiares dentro da área de ocio, para que as persoas usuarias sigan desfrutando destas  actividades, ó mesmo tempo que tamén se ofrece un respiro e conciliación para as familias. 

Abriu a xornada desta mañá Xabier Vidal, concelleiro de deporte quen falou da importancia  dunha proba inclusiva na comarca e animou a todas as persoas que teñan a oportunidade  de facelo a colaborar, tanto participando na proba coma a través da cota solidaria que  tamén está dispoñible na páxina de Cronotec. 

Procedeu Milagros Pérez Rey agradecendo ó Concello de Ribeira pola súa labor na Carreira.  Agradeceu especialmente a Xabier Vidal por estar aberto a escoitar as necesidades que se  presentan dende a Asociación Ambar á hora de organizar a actividade e de facilitar todos os  recursos posibles para levar a cabo a proba.

Tamén agradeceu a todas as empresas colaboradoras que a través das súas aportacións fan  posible que se poida volver a cumplir unha nova edición da Carreira pola Diversidade. Son  empresas como: Ramiro Carregal, Congalsa, Jealsa, Serdeco, Tarrío e Suárez, Toxo Telecom,  Combustibles Puebla, Grupo Dunas, Rebeca Ozores, Pablo Ferreirós Vidal, Neumáticos Soto,  Mariño Ortopedia, Conresa, Grupo Outeiral, Eclipse, Electrodomésticos Sampedro, Gadis, Max  China, Fariña Bretal, Trazos Boiro, Climafrío, Dismac e Boiresa. 

Manuel Alonso, integrante do grupo de running de Ambar compartiu a súa experiencia persoal  como participante, como realiza os adestramentos para participar na XI Carreira para dalo  todo evitando lesións e animou á comunidade a inscribirse para desfrutar xuntos da xornada  do 11 de maio. 

Joserra Figueira, falou das diferentes categorías do percorrido, da posibilidade anotarse na  modalidade de andaina e que tamen hai categorías infantiles con inscrición gratuíta.  Recalcou que as incricións pechan o vindeiro martes 6 de maio ás 23:59h. Tamén engadiu que  o día do evento haberá diferentes sorpresas coma sorteos despois do premios ou música en  directo. 

Pechou a presentación Fernando Abraldes, mencionando a importancia de todos os  proxectos que impulsa Ambar, coma é neste caso un evento deportivo e solidario, a Carreira  pola Diversidade, ó cal animou a todo o mundo a participar. 

Cronograma  

9:00 Reparto de dorsais  

10:00 Comeza a categoría absoluta coa distancia de 5Km  

10:05 Comeza a andaina 

11:00 Categoría de 12 a 15 anos cunha distancia de 2Km  

11:20Categoría de 9 a 11 anos, ten unha distancia de 1Km  

11:30 Categoría de 6 a 8 anos, distancia de 300 m  

11:45 Categoría de 0 a 5 a nos, cunha distancia de 100 metros 

12:00 Entrega de premios  

12:30 Concerto Ambareño e pincho solidario

Deja un comentario