Thursday 01 de May de 2025

San Xoán 2025, que recolle os elementos máis simbólicos da nosa festa


Andrea Espiñeira Focada, ferrolá residente en Mallorca, e Rosalía Macías Tarrío, natural de Oleiros, asinan o cartel do San Xoán 2025. A imaxe captura a esencia das nosas festas a través de elementos tan simbólicos como o lume, as flores, as herbas ou o espírito do verán. “Cando o fixemos non pensamos máis que en facer algo bonito, divertido e que represente o San Xoán, así que cada quen pode interpretar o que máis lle guste, a cada quen transmitiralle unha cousa diferente”, sinalan.

A entrega do premio, dotado con 500 euros e patrocinado un ano máis por Opticalia Enríquez, realizarase coincidindo coa presentación do programa das festas, que neste 2025 celebraranse do 19 ao 29 de xuño, aínda que, como é habitual, haberá actividades ao longo de todo o mes. Pouco a pouco iremos desvelando os detalles da celebración.

Deja un comentario