
· O itinerario esténdese durante 800 metros e supón un investimento superior aos 66.000 euros.
Xa están en marcha as obras de creación dunha senda peonil na zona de Ou Casal, na parroquia de Santa Marta de Babío. Este proxecto, que o Concello sacou a concurso a finais do ano pasado, consiste en crear un itinerario duns 800 metros de lonxitude desde a intersección coa AC-170 ata o cruzamento coa AC-164.
O obxectivo principal das obras é a mellora da circulación peonil pola marxe da vía, ofrecendo unha maior seguridade aos peóns que a transitan. Este novo camiño vai separado da calzada por elementos físicos e ademais estanse aproveitando os traballos na zona para ampliar a rede de iluminación pública na zona do paso de peóns xa existente, onde se prevé a colocación de dous farois adicionais ás xa existentes.
Este investimento ascende a 66.282,07 euros e continúa a aposta do goberno local de mellorar espazos e infraestruturas públicas por todas as parroquias do municipio.
Trátase do proxecto gañador dos Orzamentos Participativos de 2023, pero que tivo que verse modificado para adaptarse ás autorizacións sectoriais para poder levar a cabo.