
Arrinca este próximo venres, 2 de maio, e conta con actividades para todos os públicos que inclúen música, teatro ou roteiros de sendeirismo, entre outras.
O Concello de Ortigueira deseñou unha intensa e diversa programación para o leste próximo mes de maio, con actividades para todos os públicos que abarcan teatro, música, exposicións ou roteiros de sendeirismo entre outras.
O mes comeza con forza o venres, 2 de maio, coa conferencia ‘A Gallaecia celta na romanización do Ortegal’, a cargo de Suso Espasante na Capela de San Antonio de Espasante. Un día despois, o sábado 3 teremos unha tripla cita cultural: unha nova sesión de baile con ‘Pasos compartido’ no Centro Social de San Claudio, o concerto “Bolero” no Centro social San Adrián, así como tamén o roteiro de sendeirismo Cason, con saída ás 10:00 h desde a oficina de Turismo.
Poderase gozar de propostas musicais como o concerto ‘Cantometrics’ o venres 30 no Teatro da Beneficencia, ou o espectáculo musical ‘O Ronsel do meu sentir’ de Xoán Carlos Rilo, o sábado 10, tamén no Teatro.
O teatro será outro dos protagonistas do mes coa obra “Go home”, protagonizada por David Amor e Josito Porto, o sábado 3, en dúas funcións (16:30 e 18:00 horas), cun prezo de entrada de 4 euros.
Tamén poderá visitarse a exposición colectiva de pintura en homenaxe a Fernando Laxe, nos claustros do Concello. Ademais, a Biblioteca Municipal acollerá desde o 16 de maio a mostra ‘Letras Galegas 2025: Cancioneiro popular galego’, un percorrido pola nosa tradición oral e musical.
En canto ás actividades divulgativas e educativas, a Universidade Sénior continúa co seu ciclo ‘Historia dalgunhas invasións biolóxicas en Galicia’, con sesións os días 5, 12, 13 e 19 ás 17:00 horas no Teatro da Beneficencia. Tamén destacan outras propostas como a xornada sobre psicomotricidade e memoria o día 20 no Centro Social das Neves.
Así mesmo, o 6 de maio presentarase na Biblioteca Municipal o libro ‘Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal’ ás 19:00 horas.
Non hai que esquecer a nova edición do concurso de petiscos ‘Ortigueira a bocados’, que se celebrará do 9 ao 11 ce maio nos locais de hostalería participantes.
No campo formativo, a aula Cemit ofrecerá o curso ‘Finanzas para todos’ os días 9, 15, 21 e 28 de maio, e tamén está prevista unha formación de iniciación en liña a través de ComDix, cun prazo límite de inscrición ata o 5 de maio.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.