Wednesday 30 de April de 2025

O Estado debe impedir que as empresas de telefonía e enerxía paren as obras públicas


Alternativa pide na Deputación que o Estado regule o grave problema que estas empresas causan ás obras públicas

Alternativa quere que as obras públicas non poidan ser paralizadas por empresas concesionarias de telefonía ou enerxía que na práctica actúan como monopolios nos seus respectivos ámbitos económicos.

Por iso insta á Deputación a reclamar ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a que realicen todos os cambios normativos e legais necesarios para impedir que este tipo de empresas privadas paralicen obras públicas atendendo aos seus propios intereses ou de forma arbitraria. Unha moción ao próximo pleno provincial serve para materializar esta

A privatización de servizos públicos básicos como a telefonía ou a electricidade non só a sofren concellos e deputacións. Cidadáns particulares e empresas tamén padecen atrancos e trabas de toda índole cando realizan obras nas que necesitan da participación dalgunha destas compañías, coas que ademais comunicarse é practicamente imposible.

É habitual que calquera obra pública na que se precise soterrar, retranquear ou eliminar algún poste acumule meses de retraso ou non se poida nin sequera iniciar por demoras inxustificables de Naturgy ou Telefónica. Estas compañías ademais de actuar ao seu antollo, impoñen a súa axenda ás empresas que traballan para a administración.

Un exemplo é o de Naturgy na avenida de Santa Cristina, onde pretende cobrarlle á Deputación uns traballos xa realizados pola empresa adxudicataria; demorando sine die a finalización desta obra e creando un gravísimo prexuízo económico á hostalería e comercio da localidade, ademais das incomodidades para a veciñanza

Deja un comentario