
Xa son 170 as familias de Neda que participan no programa de compostaxe municipal. Tras o recente convite a sumarse, o Concello esgotaba o lote de composteiros que tiña ata este momento dispoñibles para a súa entrega. O aumento no número de fogares que aposta por autoxestionar os seus biorresiduos contribuirá a reducir o volume de refugallos que van parar ao colector xenérico.
A iniciativa da área de Medio Ambiente permitiu acabar co pequeno stock de composteiros de 400 litros de capacidade co que aínda contaba o Concello, que traballa xa para dispor máis colectores nos vindeiros meses.
Así, dende a última campaña informativa realizada, a administración local puxo a disposición de 25 novos fogares os colectores necesarios para comezar a elaborar compost a partir dos residuos xerados na súas cociñas e hortas (restos de verduras e froitas, borras do café, herba cortada, restos de poda triturados…) Deste xeito, pecharán o ciclo de valorización destes residuos sen saír da casa, empregando o abono natural obtido para aportar nutrientes a plantas e cultivos da súas fincas ou xardíns.
O programa de compostaxe doméstico é unha das apostas municipal para reducir o volume de refugallos da fracción resto (o contedor xenérico) entrega refugallos que vai parar ao contedor xenérico e axuda tamén minorar a pegada de carbono.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.