
· A iniciativa, organizada polo Centro Deportivo Nova Saúde coa colaboración do Concello, celebrarase en dúas sesións: a primeira, de defensa persoal, de 10:30 a 13:30 horas; e a segunda, de jiu-jitsu, de 16:30 a 18:30 horas.
O patio cuberto do colexio público Manuel Fraga Iribarne será o escenario dunha completa xornada formativa o próximo 10 de maio, na que se impartirán talleres de defensa persoal e iniciación á arte marcial do jiu-jitsu.
A actividade está organizada polo Centro Deportivo Nova Saúde e conta coa colaboración do Concello de Cariño. O programa desenvolverase en dúas quendas: a sesión de defensa persoal terá lugar de 10:30 a 13:30 horas, mentres que a de jiu-jitsu impartirase pola tarde, de 16:30 a 18:30 horas.
Ambas as formacións están dirixidas a público adulto, masculino e feminino, e tamén a menores. As clases estarán a cargo de Bernardo Romay, 8.º Dan e Mestre Adestrador Nacional de judo, jiu-jitsu e defensa persoal.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 981 40 50 64.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.