Wednesday 30 de April de 2025

A Pobra do Caramiñal celebra o Día Internacional da Danza con “Emociónate co baile”


O concello da Pobra do Caramiñal presenta “Emociónate co baile”, unha actividade de danza desenvolta polo Taller Alecrín, aberta á veciñanza, que ten como obxectivo emocionar e conectar a espectadores con danzantes.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, comenta: “A danza ten numerosos beneficios, tanto físicos, como emocionais e como sociais. Favorece a traballar a propia musculatura, axuda a reducir o estrés e a ansiedade, ao facernos pasar un momento divertido, e ao ter que asistir as clases e estar entre un grupo de persoas axuda a NOTA DE PRENSA
mellorar as habilidades sociais, coñecer xente nova e crear novas relacións. Por iso apostamos por esta actividade e intentamos que saia adiante”.

Lola López, presidenta do Taller Alecrín, remarcaba: “Dende o Taller Alecrín, o que queremos e poñer en valor a importancia do baile en todos os sentidos e para todos. O que pretendemos con este tipo de citas é darlles a ver aos nosos alumnos, que non son normalmente os protagonistas, a oportunidade de pasar o día coa xente nunha clase co protagonismo que merecen.”

Francisco Muñiz, director técnico do Taller Alecrín, explica en que consiste a actividade: “O baile é unha actividade transversal, que xunta a xentes distintas e en diferentes circunstancias. “Emociónate co baile” é unha mostra de Line Dance e Baile Social, a nosa etiqueta para o baile en grupo onde misturamos varios estilos. O fío deste ano é o da emoción e o sentimento que xera a xunta de danza e narrativa, e tirando del vamos a facer un percorrido por diferentes bailes e ritmos expresando a emoción que produce nos que o miran e nos que o facemos.”

Como idea final sobre a o concepto da actividade, o director técnico cita a Mikhail Baryshnikov, persoeiro escollido este ano para dar a mensaxe do Día da Danza: “Dise a miúdo que a danza pode expresar o inenarrable. A ledicia, a dor e o desespero fanse visibeis. Expresións encarnadas da nosa fraxilidade compartida. Nese senso a danza pode espertar empatía, inspirar bondade e fomentar en nós o desexo de sandar na vez de danar.”

O evento terá lugar o xoves, 1 de maio, a partir das 17h na praza Alcalde Segundo Durán, en caso de que o permita o tempo, á que se pode achegar toda a veciñanza. No caso de chuvia, a actividade trasladarase ao colexio Salustiano Rey. Será en formato de clase aberta, con explicacións e introducións antes de cada unha das 12 intervencións, nas que participarán un total duns 50 alumnos.

Deja un comentario