
Desde mañá, 29 de abril haberá sesións informativas nos tres Centros Cívicos para que a veciñanza aprenda a usar os novos equipamentos
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou hoxe na posta en marcha do novo composteiro comunitario de Monte Alto, na rúa Pedro Galán Calvete, que xunto aos dous abertos tamén hoxe en Eirís e O Castrillón elevan a catro o número destes equipamentos na cidade. Desde finais de 2023 funciona con gran acollida entre a veciñanza o de Novo Mesoiro.
A concelleira, acompañada por representantes veciñais dos distritos, animou á cidadanía a participar en esta aposta do Concello polo reciclaxe e a economía circular. “Desde o Goberno de Inés Rey esperamos que os veciños e veciñas se sumen a esta iniciativa, separando en orixe no seus fogares e contribuíndo á xeración de compost que poderán utilizar eles mesmos, usarse para as hortas urbanas ou incluso para parques e xardíns da cidade”.
A partir de mañá haberá sesión informativas co seguinte calendario:
Centro Cívico do Castrillón
∙ Martes 29 de abril ás 19:00 horas
∙ Sábado 24 de maio ás 11:00 horas
Centro Cívico Monte Alto
∙ Xoves 8 de maio ás 18:30 horas
∙ Sábado 10 de maio ás 11:00 horas
Centro Cívico Eirís
∙ Martes 29 de abril ás 17:00 horas
∙ Sábado 31 de maio ás 11:00 horas
As persoas interesadas en asistiren ás sesións informativas poden anotarse nos centros cívicos.
Sobre a compostaxe
A compostaxe realízase de forma controlada co apoio de mestres composteiros, que serán os encargados de que se realice correctamente vixiando parámetros como a humidade, a temperatura e o aireado do proceso de compostaxe na procura de aumentar a calidade do compost final.
Os novos centros de compostaxe comunitaria están formados por unidades modulares dun metro cúbico, onde se desenvolverán as distintas fases do proceso de compostaxe. Ademais, a carón deste, existirá unha caixa con restos de podas do servizo de xardíns (axente estruturante) para que a cidadanía poida recoller esta materia seca coa que cubrir os seus biorresiduos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.