
O Goberno local organizou un gabinete de crisis para coordinar ás accións coa Delegación do Goberno
A Coruña, 28 de abril de 2025.- Minutos despois do apagón xeralizado que afectou a toda a península o Goberno municipal activou un gabinete de crise para facer fronte aos efectos da falta de subministro na cidade. O órganos, presidido pola alcaldesa, Inés Rey, está integrado pola subdelegada do Goberno, María Rivas, técnicos municipais de emerxencias e altos mandos da Policía Nacional, ademais de concelleiros de diversas áreas.
O apagón afectou á maioría dos servizos e tamén ao tráfico ao apagarse temporalmente a rede semafórica. O Concello mobilizou a todos os efectos de emerxencias, tanto do Parque de Bombeiros como da Policía Local e Protección Civil. Os axentes fixéronse cargo do control do tráfico nos principais cruces da cidade e o corpo de bombeiros mobilizouse para atender os diversos incidentes rexistrados, entre eles colaborar para liberar a persoas atrapadas en ascensores.
A alcaldesa fixo un chamamento a evitar os desprazamentos inneceasrios en vehículos privados mentres non se restableza a normalidade. Ademais, Inés Rey fixo un chamamento á calma. Malia gravidade da situación, non se rexistraron nas primeiras horas incidentes relevantes na cidade. O fume que se podía apreciar procedente da Refinería obedece aos propios sistemas de seguridade das instalacións e non supón perigo algún para veciños e traballadores da planta. Por outra banda, malia a falta de subministro, os colexios e centros de ensino manteñen os seus horarios polo que se aconsella aos pais e nais actuar con normalidade para acudir aos centros a recoller aos seus fillos e fillas.
O gabinete de crise farase cargo da coordinación de efectivos mentres dure o corte de subministro eléctrico. Ante calquera emerxencia, ademais dos teléfonos habituais de bombeiros e Policía Local, está operativo tamén o 112.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.