
Tras o éxito da súa primeira edición, o Concello de Neda celebrará o venres 2 de maio, a partir das 19.30 horas, o II Festival Día da Nai. A celebración pretende render homenaxe institucional ás madres máis lonxevas do municipio. Un acto emotivo cheo de música e de poesía.
Durante o evento, que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura, a administración local distinguirá a sete das nais máis veteranas do municipio (a máis nova cumprirá en pouco tempo os 93). María Carmen Montero Mauriz, Manuela Torrente Picos, Dolores Pico Fraga, María Elia Couceiro García, Celsa María Rioboo Castro, María Luz Pereiro Martínez e Josefa Rodríguez Sánchez, aceptaron o convite municipal e sumaranse xunto aos seus familiares a esta celebración.
Na cita haberá tempo para a lembranza de vivencias e tamén, como non, para o recoñecemento da experiencia e sabedoría destas veciñas, que teñen contribuído á construción do que hoxe é Neda.
Repetindo fórmula, non faltará nin a poesía nin a música. E así, o tributo musical a estas mulleres chegará da man da rondalla Lucero del Alba, e máis do grupo de acordeóns da escola de música BellónMaceiras. O “II Festival Día da Nai” estará conducido pola nedense Ana Berta Varela.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.