Saturday 16 de November de 2024

O Camiño de Santiago contará con novas obras que incrementarán o seu interese cultural


O Boletín Oficial do Estado publica no día de hoxe o anuncio de licitación da Di-rección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo para a posta en marcha de diversas actuacións de interese cultural no Camiño Francés a Santiago de Compostela

O Boletín Oficial do Estado publicou o anuncio de licita-ción da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo para o concurso de proxectos para a selección das propostas arquitectónicas que sirvan de base para a redacción de proxectos de actuacións de interese cultural no Camiño Francés a Santiago de Compostela.

O obxectivo da dita licitación é a rehabilitación dun edificio histórico como centro cultural e incorporación do seu xardín á rede municipal de equipamentos públicos abertos en Arzúa; a recuperación e posta en valor do patrimonio arquitectónico mediante o desenvolvemento dun Centro de visitantes no entorno do Castromaior, en Portomarín; a rehabilitación do ponte de Áspera e o seu entorno, en Sarria; e a recuperación e posta en valor do núcleo rural tradicional de Ferreiros en O Pino, do entorno rural do ponte medieval de Furelos en Melide, da igrexa de San Xulián do Camiño en Palas do Rei, do entorno do Cruceiro de Os Lameiros en Airexe, do núcleo rural tradicional de Pena en Paradela, do núcleo rural tradicional de Balsa e do entorno da súa capela en Triacastela, do entorno e núcleo rural tradicional de Fonfría mediante a reducción do impacto visual de edificacións agrícolas, en Pedrafita do Cebreiros.

A iniciativa, cun investimento de 4.000.000 de euros, constiúe unha mostra máis da implica-ción do Ministerio de Fomento polo Camiño de Santiago reafirmando a súa aposta pola conservación e impulso da Ruta Xacobea, o principal produto turístico da nosa comunidade.

Turismo de Galicia quere agradecer públicamente ao Ministerio de Fomento a súa firme aposta pola mellora do Camiño de Santiago.