Tuesday 29 de April de 2025

Concentración o sábado en Santa Cristina para denunciar que Naturgy impide finalizar a obra da avenida


De impedir que se poida rematar a obra antes do verán, o prexuízo económico que se lle pode crear a comercio e hostalería sería moi grave, así como as incomodidades que sofre o conxunto da veciñanza.

O Concello de Oleiros convoca unha concentración para este vindeiro sábado ás 12:30 horas na avenida de Santa Cristina -á altura da entrada do parque José Martí- para denunciar a incualificable situación que está a provocar Naturgy en relación ás obras. Tamén se propón o peche dos locais durante un breve espazo de tempo, coincidindo coa concentración.

A obra, iniciada en abril do ano pasado, podería estar rematada xusto antes da Semana Santa. Non é así porque a empresa Naturgy (antes Fenosa) non retira uns postes que impiden finalizar parte do traballo nin tampouco remata as arquetas que se atopan nas beirarrúas. Ademais diso, pretende cobrar por unha serie de obras xa realizadas e sufragadas pola Deputación.

O Concello está a meter presión tanto á Deputación como á empresa Naturgy para que desbloqueen a situación de inmediato. Despois de tantos meses de incomodidades, o Goberno municipal non está disposto a tolerar que unha empresa privada provoque de forma totalmente inxustificada un grave prexuízo económico na hostalería e comercio da zona, así como incomodidades extensibles a toda a veciñanza.

Deja un comentario