
Preto de 300 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, déronse cita na V Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, que tivo lugar este domingo no restaurante O Trapeiro. Un encontro que estivo presidido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey. Un acto no que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; Economía, Esteban Ares; Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Protección Civil, José Antonio Ces; así como os voceiros de PSOE e BNG, Juan Prego e Anxo Moledo.
Villaverde Pais agradeceu a presenza de todos os maiores nun evento que busca “homenaxear a todos os maiores e favorecer a comunicación entre os veciños e veciñas. Temos un concello moi disperso e esta é unha forma de que teñan un día de convivencia”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.