
Neda convertíase esta mañá en punto de partida da novena etapa do Camiño do Mar. O alcalde, Ángel Alvariño, e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, xunto ás concelleiras de Turismo, Marián Bello, e Igualdade, Ángeles Puentes, e o párroco Ramón Antonio López Rodríguez, recibían aos peregrinos e peregrinas que participan na iniciativa promovida pola Asociación de Amigos do Camiño do Mar. No Albergue, selaban as credenciais, e alcalde, bispo e párroco trasladaban o seu apoio, asinando no libro da entidade, á declaración oficial desta vía como ruta xacobea. Minutos máis tarde, concentrábanse ás portas do albergue, onde Ángel Alvariño destacaba o valor da iniciativa para a promoción dos concellos polos que discorre a antiga vía de peregrinación a Santiago, e o bispo convidaba ás persoas participantes a desfrutar da fraternidade, a instrospección, a solidariedade… dos valores ligados á peregrinación, que nesta novena etapa alcanzará a vila de Pontedeume.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.