
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron ao lugar de Breiro, no Concello de Boiro, polo aviso dun lume nunha casa abandonada. Tratábase dunha construción de pedra co interior de madeira. Ardeu a zona das escaleiras.
O lume chegou ao chan do primeiro andar polas escaleiras. Logo da extinción fíxose unha inspección ocular nas zonas accesibles xa que os pisos de madeira en algún sitio no garantían a estabilidade por estaren podres. Non se atopou na vivenda ningunha persoa, nin elementos indiciarios da provocación do incendio.
O equipo de bombeiros do parque Provincial de Boiro agardou a que se ventilase o fume de forma natural, e volveu refrixerar a zona das escaleiras, o baixo da vivenda e o chan do primeiro andar. Dando por extinguido o incendio, e precintando con cinta de balizar a porta de entrada á casa.
Colaborou na intervención Protección Civil de Boiro, Garda Civil e Policía Local de Boiro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.