Tuesday 29 de April de 2025

Medio Rural salienta o incremento das axudas para o fomento do uso  da máaquinaría agrícola en común 


― A conselleira María José Gómez asistiu hoxe á XXXIV Festa do Champiñón que se celebra nesta localidade coruñesa e que inclúe unha exposición de maquinaria agrícola e unha feira de artesanía, entre outros eventos

― Lembrou que a ampliación do crées 2,64 millóns de euros.

A conselleira achegouse hoxe ata Ordes, para asistir á XXXIV Festa do Champiñón, que inclúe no seu programa de actos unha exposición de maquinaria agrícola e unha feira de artesanía. Acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e polo alcalde da localidade, José Luis Martínez Sanjurjo, a titular de Medio Rural salientou a importancia destas achegas para fomentar o uso de maquinaria.

Neste acto, Gómez remarcou ademais que estas subvencións están destinadas a cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (SAT) e supoñen para elas unha importante redución de custos de produción.

Así mesmo, a conselleira explicou que os obxectivos destas axudas, ademais de promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, pasan tamén por fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego.

A Consellería do Medio Rural leva promovendo estas axudas dende 2016 e convocáronse anualmente dende entón, o que supuxo unha achega total de máis de 34 millóns de euros, subliñou Gómez, quen enmarcou estas subvencións na aposta xeral da Xunta a prol do cooperativismo, por un lado, e da modernización do sector primario, por outro.

A Festa do Champiñón de Ordes acada este ano a súa trixésimo cuarta edición e supón un elemento dinamizador do agro na bisbarra, tal e como sinalou tamén a conselleira durante esta visita. Engadiu que a localidade coruñesa é un referente pola súa clara vocación agrogandeira, que se pon de manifesto, entre outras razóns, coa celebración de eventos deste tipo.

Deja un comentario