
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, asistiu esta mañá á inauguración do concesionario oficial de Energreen en Galicia, xestionado por Murat Construción e Mantemento.
No acto, Gómez salientou que a apertura destas instalacións supón un elemento dinamizador do agro na bisbarra e manifestou tamén a súa satisfacción por comprobar como medra o tecido empresarial neste municipio, vinculado ao medio rural, xa que a empresa se dedica á venda de maquinaria agrícola e forestal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.