
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Cerdido, Alberto Rey, para trazar novas vías de colaboración entre ambas Administracións para reforzar a atención ás persoas dependentes neste concello e impulsar novos recursos específicos.
A conselleira interesouse polas demandas e intereses dos veciños deste concello coruñés e analizar co alcalde do municipio as posibles solucións. Ademais, lembroulle as diferentes iniciativas e proxectos que o Executivo autonómico ten en marcha para mellorar a calidade de vida das familias no rural e potenciar a conciliación como as casas do maior ou o programa Xantar na Casa.
Nesta liña, Fabiola García trasladoulle a Alberto Rey o compromiso da Xunta de Galicia de seguir traballando na mellora da atención aos maiores e impulsar a súa autonomía e dotándoos de recursos que lle permitan vivir esta etapa das súas vidas no lugar que eles desexen.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.