Saturday 26 de April de 2025

A alcaldesa recibiu ao naronés Marcos López Balado, dobre subcampión no Campionato de Europa de ISKA de Kicboxing


A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron hoxe no Concello ao naronés Marcos López Balado, dobre subcampión no Campionato de Europa de ISKA de Kicboxing celebrado hai uns días en Malta. Ferreiro e Santalla interesáronse pola experiencia de Balado nesta competición, o seu primeiro campionato europeo e no que acadou un excelente resultado.

Balado explicou que participaban deportistas de 24 países, uns 800 competidores e valorou o feito de poder presentarse ao campionato mundial que se celebrará en Australia. O naronés practica dende hai varios anos este deporte de combate de orixe xaponés, no que se misturan técnicas de patadas de algunhas artes marciais con outras propias do boxeo.

A rexedora local asegurou que é un orgullo para a cidade que os e as deportistas de Narón poidan proxectala en cada competición na que participan, grazas á súa implicación e constancia, e desexou sorte a Balado para a competición mundial.

Deja un comentario