Saturday 26 de April de 2025

Rueda participa na Coruña na inauguración da exposición que conmemora o décimo aniversario da proclamación de Felipe VI


O presidente da Xunta visitou a mostra que poderá verse ata o vindeiro 1 de xuño no Palacio de Capitanía

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración da exposición Felipe VI 2014-2024. Una década de la Historia de la Corona de España, que poderá verse no Palacio de Capitanía da Coruña ata o vindeiro 1 de xuño.
No acto, no que participou a ministra de Defensa, Margarita Robles, xunto con outras autoridades civís e militares, realizouse un percorrido pola mostra, enmarcada nos actos de celebración do décimo aniversario da proclamación do Rei Felipe VI, no 2024.
O Palacio Real de Madrid foi a sede inaugural da exposición, que xa visitou diferentes cidades e que repasa, a través dun vídeo documental e de fotografías de gran formato os acontecementos máis importantes desta década, tanto nos ámb de itos nacional e internacional, como no social, deportivo ou cultural. A exposición compleméntase cunha publicación en formato xornal.

Deja un comentario