
O concello da Pobra do Caramiñal colabora coa Asociación Española Contra o Cancro nunha nova andaina solidaria baixo o nome de “A Pobra do Caramiñal en marcha contra o cancro” o día 18 de maio.
A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, presentou xunto a membros da Asociación unha nova andaina solidaria: “É necesario seguir apoiando e destinando recursos para a investigación desta enfermidade e para mellorar a calidade de vida daquelas persoas que a padecen. Por iso dende o Concello da Pobra do Caramiñal prestamos apoio loxístico para poder levar a cabo as actividades que se desenvolverán nesta vindeira xornada”.
María Teresa Pérez, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro na Pobra, explicou a continuación polo miúdo o desenvolvemento da xornada: “Será unha andaina circular con dúas rutas, unha de 12 quilómetros e outra de 6, que discorrerán conxuntas ata San Isidro. Os participantes poderán decidir, ao chegar a este punto, se queren completar o percorrido máis curto ou continuar polo máis longo. O percorrido longo non é moi difícil, mais cada un debe valorar a súa condición e decidir á chegada de San Isidro”.
As inscricións poderán realizarse en diferentes establecementos do concello (Farmacia María Abeijón / Farmacia Tato / Farmacia Elsa Peñaranda Martínez / rmacia Manuela Barrosa / Atmosfera Sport Maniotas / Sportmoda / Muebles Lijó, Don Tacón) e nas mesas informativas da Asociación, ubicadas nos xardíns Valle-Inclán, os mércores e sábados de 11:00h a 13:30h e os domingos de 11:30h a 14:00h. Ademais, tamén se poderá facer en liña no enlace https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/a-pobra en-marcha-contra-o-cancro-2025 .
Asemade, a presidenta recalcou: “O que pretendemos con esta iniciativa é visibilizar, fomentar a prevención e os hábitos saudables. O recadado será para a asociación, para a investigación e para os recursos gratuítos que temos á disposición de todas as familias”.
Para rematar, falando sobre a participación, Teresa Pérez comenta que: “o ano pasado foi moi ben, chegando a inscribirse máis de 500 persoas, polo que esperamos nesta
CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL · 981 843 280 · WWW.APOBRA.GAL RÚA GASSET 28, A POBRA DO CARAMIÑAL 15940 (A CORUÑA)
edición alcanzar unha participación igual. É unha actividade moi ben acollida pola veciñanza”
A saída terá lugar na praza Alcalde Segundo Durán ás 10:30 horas e, antes de comezar a Andaina, amenizarán a Praza Alcalde Segundo Durán o alumnado De Boa Vibra Academia. Unha vez rematada, haberá unha actividade para menos subvencionada pola Clínica Dental Doutor Gonzalo López Castro e a actuación altruísta de DJ Jalaiko.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.