
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que as VI Xornadas de Párkinson son fundamentais para seguir avanzando na aplicación de novos tratamentos terapéuticos
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá nas ‘VI Xornadas de Párkinson: novos tempos na enfermidade’ que se desenvolven na Fundación Barrié. Durante o encontro, agradeceu o labor realizado polas entidades sociais para mellorar a calidade de vida dos doentes e as súas familias.
Nesta cita, o director xeral puxo en valor o compromiso que ten a Xunta de Galicia coas persoas que están a sufrir esta doenza. Tamén destacou que este tipo de encontros como as VI Xornadas de Párkinson son fundamentais para seguir avanzando na aplicación de novos tratamentos terapéuticos e no asesoramento ás familias.
Antón Acevedo trasladou a Asociación Párkinson Galicia-Coruña, organizadora deste evento, o compromiso do Executivo galego para seguir traballando man a man na atención e coidado ás persoas con esta doenza e puxo en valor a súa traxectoria. Neste sentido, lembrou que foi fundada no ano 1996 por un grupo de afectados e familiares. Actualmente, conta con preto de 300 usuarios directos e 148 indirectos, entre achegados e familias, realizando ao redor de 23.000 intervencións ao ano.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.