
· A mostra ‘Cestos – Senalles’ estará na sala de exposicións do faro do 3 ao 30 de maio.
· ‘Mujeres en la india’ estará no Museo Man de Camelle desde o 3 ao 31 de maio.
· Organizadas polo Concello, chegan a Camariñas da man das asociacións Art amb B e Ambaca, a través do Instituto de Estudios Balearicos.
O Museo Man de Camelle e a sala de exposicións do Faro Vilán acollerán durante todo o mes de maio dúas exposicións nas que se poderán apreciar diferentes expresións da arte balear: ‘Cestos-Senalles’ estará no faro e ‘Mujeres en la india’ no museo.
Estas dúas exposicións están organizadas polo Concello de Camariñas e chegan á vila da man das asociacións Art amb B e Ambaca, a través do Instituto de Estudios Balearicos.
Por unha banda, a sala de exposicións do Faro Vilán albergará, do 3 ao 30 de maio, a exposición ‘Cesetos-Senalles’, unha mostra colectiva de 24 cestos artesanais intervidos por artistas mediterráneos. A cesta, un elemento que foi substituído por bolsas de plástico, serviu como elemento inspirador para os artistas, creando a partir dunha obra de artesanía unha verdadeira obra de arte.
Pola outra, o Museo Man de Camelle acollerá, do 3 ao 31 de maio, a exposición ‘Mujeres en la india’, onde 8 artistas de Ibiza (Aphon, Carmen Liberal, Lina Ardinach, Marga Juan, Marga Guasch, Matilde Hernández, Pilar Cuesta e Patricia Boned) amosan as súas obras inspiradas na súa estancia na Fundación Vicente Ferrer en Anantapur (India), acompañadas pola poeta Yolanda Bonet.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.