
Unha trintena de veciños e veciñas achegáronse ao Centro Cívico para destacar as cuestións prioritarias do servizo de transporte público
Continuarán o vindeiro martes 6 de maio en Monelos e o 8 de maio no Remanso, nunha xuntanza específica para a mocidade
Monte Alto acolleu esta tarde un novo encontro participativo organizado polo Goberno de Inés Rey para debater sobre o futuro do autobús urbano da Coruña. Correspóndese co cuarto dos 11 encontros de barrio fixados no marco do estudo para a definición da nova rede de autobuses, co obxectivo de recoller as cuestións prioritarias para a veciñanza de cara ao futuro do servizo de transporte público.
A sesión iniciouse coa presentación da alcaldesa, Inés Rey, quen agradeceu ás persoas asistentes que se achegaran a participar e destacou o distrito 2 como un dos de maior poboación e a maior distancia da entrada da cidade.
Arredor dunha teintena de persoas participaron no encontro no que a alcaldesa participou no acompañada dos concelleiros José Manuel Lage e Noemí Díaz. Consistiu na presentación por parte do equipo técnico do estudo do transporte urbano e unha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.
Peticións e suxerencias
O distrito 3 conta con aproximadamente 30.762 habitantes articúlase en 10 liñas de autobús urbano (3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7, 11, 17) máis o BUH e cun total de 38 paradas.
A enquisa realizada durante o encontro permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados —e tamén os máis criticados— polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Como nos anteriores encontros, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 8,6 puntos. Con todo, respecto ao resto de encontros, case todas os aspectos foron puntuados por enriba de 5: marquesiñas (6,3), accesibilidade (6,1), liñas e paradas (6.1) e a frecuencia dos servizos (5.5). A intermodalidade foi o aspecto peor valorado (3,9), así como o único que non acadou a metade da escala.
Neste sentido, a cidadanía identificou como ámbitos prioritarios de mellora a intermodalidade con outros medios de transporte (28%), a frecuencia e tempo de espera dos autobuses, seleccionada por un 24% das persoas participantes seguida da adaptación a eventos masivos (11%).
Próximos encontros
O vindeiro martes, 6 de maio ás 18.30 horas, terá lugar o seguinte dos encontros. O quinto dos 11 programados polo Concello ate o mes de xuño, co obxectivo de recoller unha ampla representación das voces da Coruña. O calendario previsto é este:
6 de maio: Centro Cívico de Monelos
20 de maio: Centro Cívico do Birloque
29 de maio: Centro Cívico dos Rosales
5 de xuño: Fórum Metropolitano
10 de xuño: Centro Cívico de Eirís
12 de xuño: Centro Cívico de Elviña
14 de xuño: Circo de Artesáns
As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos once Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón. Ademais, toda a información sobre o proceso participativo estará dispoñible nesta web específica.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.