
A sala municipal de exposicións de Brión acollerá mañá venres 25 de abril, ás 20:00 horas, a presentación do libro editado pola Deputación da Coruña en homenaxe ao pintor Xosé Vázquez Castro, residente no municipio. Un acto que estará presidido polo alcalde brionés, Pablo Lago Sanmartín, e no que participarán Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital; e os artistas plásticos e pintores María Xesús Díaz e Antón Sobral Iglesias.
Xosé Vázquez Castro (Ferrol 1951). De formación autodidacta, comezou na pintura da man do seu pai ata que aos dezaoito anos expón por primeira vez na Coruña. A finais do século pasado trasladou a súa residencia a Brión, colaborando na vida sociocultural do municipio, onde foi comisario e impulsor dos “Encontros coa arte”, un punto de intercambio de coñecementos entre artistas de toda España e que este verán chegará á súa edición número dezaoito.
Ao longo da súa vida ten participado en múltiples exposicións por toda Galicia e a súa obra se atopa en diferentes coleccións e museos: Xunta de Galicia, Concello de Brión, Fundación Semana Verde, Casa de Galicia en Córdoba, Museo das Peregrinacións, Casino de Ferrol, Embaixada de España en Caracas, Real Monasterio de Oia…
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.