
· Por unha banda, debido á deterioración na cuberta dos nichos, existe perigo de caída de anacos de formigón.
· Ademais, abriuse unha focha no chan que pode provocar un problema estrutural.
· Os usuarios e usuarias do cemiterio, de titularidade parroquial, tamén solicitan medidas urxentes.
O Concello de Bergondo enviou un escrito ao Arzobisopado de Santiago de Compostela para que acometa, de forma urxente, as obras para solucionar os problemas de seguridade existentes no cemiterio de Cortiñán, de titularidade parroquial.
Acompañando ao escrito preséntase un informe do arquitecto municipal no que sinala o perigo que supón a visible deterioración que se produciu co paso do tempo na cuberta dos nichos e que fai que se produza a caída de anacos de formigón cara á zona por onde transitan os usuarios e usuarias do camposanto.
Doutra banda, recentemente abriuse unha focha no chan no que se aprecia o paso dunha corrente subterránea de auga. Por tanto, o Concello advirte no seu escrito de que o problema xa non é só unha cuestión da caída de elementos aéreos se non que pode existir un grave problema estrutural.
Como medida preventiva, acordoouse e valado a zona para evitar o tránsito de persoas e rógase que se respecte a sinalización para que non se produza ningún accidente. Desde o goberno local incídese en que é imprescindible que o Arcebispado acometa, canto antes, as obras ou actuacións preventivas de seguridade necesarias para dar solución a estas incidencias.
Ademais, os usuarios e usuarias do cemiterio presentaron varias queixas no Concello sobre o seu estado, sendo conscientes de que a titularidade non é municipal pero sinalando a evidente falta de seguridade nun espazo público e solicitando que se requiran accións inmediatas á entidade titular.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.