Thursday 24 de April de 2025

Fito & Fitipaldis regresa á Coruña coa súa xira ‘Aullidos Tour’ o 28 de novembro


As entradas para o seu concerto no Coliseum sairán á venda o martes 29 de abril ás 10.00 horas

Fito & Fitipaldis, un dos grandes referentes do rock nacional, regresarán á Coruña coa súa xira ‘Aullidos Tour’. A formación liderada por Fito Cabrales actuará no Coliseum o venres 28 de novembro, na que será a segunda cita da súa extensa nova xira polo territorio nacional.
“Desde o Goberno de Inés Rey estamos a impulsar grandes actuacións musicais no recinto de referencia en Galicia, con cabida para todos os estilos e que ano tras ano non deixa de bater récords de asistencia e vendas”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As entradas para o espectáculo poderanse adquirir a partir do martes 29 de abril ás 10.00 horas a través de diferentes portais en liña como Ataquilla e Ticketmaster e no despacho de billetes da praza de Ourense.

Más de dous anos e medio despois dos seus últimos concertos, Fito & Fitipaldis volven á estrada con “Aullidos Tour”, unha extensa xira que percorrerá 28 cidades españolas e na que, ademais de repasar os grandes éxitos da súa carreira, presentarán o seu novo álbum “O monte dos aullidos”.
A formación atópase nestes momentos inmersa no proceso de gravación deste novo traballo, o oitavo da súa carreira, cuxa publicación espérase para o próximo outono, coincidindo co comezo da xira.

Deja un comentario