
O alcalde, Valentín Calvín, indica que “este remanente non é froito da casualidade, senón do traballo diario e dunha planificación rigorosa”.
O goberno municipal do Concello de Ortigueira, liderado polo alcalde Valentín Calvín, pechou o exercicio orzamentario de 2024 cun importante remanente de tesourería para gastos xerais que ascende a 3.489.368,99 euros. Este resultado será presentado proximamente no pleno da corporación, e pon de manifesto a eficacia dunha xestión caracterizada polo uso prudente dos recursos públicos e unha notable capacidade para atraer financiamento externo.
A liquidación do orzamento, que xa foi aprobada mediante resolución de Alcaldía, reflicte un balance saneado e equilibrado, cun resultado orzamentario axustado de máis de 1,9 millóns de euros. Este superávit alcanzouse sen comprometer a prestación de servizos nin os investimentos necesarios para o desenvolvemento do municipio, e supón unha marxe de manobra crave para afrontar novos proxectos e retos durante os próximos anos.
“Este remanente non é froito da casualidade, senón do traballo diario e dunha planificación rigorosa. Desde que asumimos o goberno local, propuxémonos xestionar con responsabilidade, optimizar cada euro e buscar activamente financiamento noutras administracións. Hoxe, os resultados aválannos”, declarou o alcalde Valentín Calvín.
Nun contexto no que moitas entidades locais enfrontan dificultades para cadrar as súas contas, Ortigueira posiciónase como un exemplo de estabilidade financeira. A capacidade do Concello para atraer transferencias correntes e de capital, así como o control do gasto corrente e financeiro, foi clave para alcanzar este saldo positivo. Así mesmo, o goberno local ha mantido un estrito seguimento do principio de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto, tal como recollen os informes técnicos de Intervención.
“O obxectivo non é acumular remanentes, senón garantir que cada céntimo invístese en mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas. Este colchón económico permitiranos afrontar con máis garantías novos proxectos, investimentos sostibles e melloras en infraestruturas, sen poñer en risco a saúde financeira do Concello”, engadiu o rexedor.
Con esta liquidación, o Concello de Ortigueira reafirma o seu compromiso cunha política económica responsable, transparente e orientada ao interese xeral. A xestión do equipo de goberno non só permitiu alcanzar unha situación financeira envexable, senón que tamén senta as bases para un futuro con maiores oportunidades para o municipio e os seus habitantes.
Calvín engade que “fronte a todos aqueles que auguraban a quebra do Concello, agora os datos avalan a nosa forma de xestionar. Durante meses tivemos que soportar acusacións infundadas de malgasto e mal uso dos fondos públicos por parte da oposición, que agora non ten máis que ver as contas, que non amenten”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.