Thursday 24 de April de 2025

A biblioteca de Neda premia aos seus lectores máis insaciables, con motivo do Día internacional do libro


A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como cada 23 de abril, ás persoas socias que destacan pola cantidade de obras que levan en préstamo durante o ano. Catro ávidas lectoras e dous lectores, que recibiron esta tarde como premio pola súa paixón pola lectura cadanseu lote de libros.

Liderou a lista da sección infantil e xuvenil Valeria Rodeiro. Con só sete anos, esta nena, que xa fora premiada en exercicios anteriores, “devorou” ao longo do 2024 nada menos que 78 libros. Ben preto quedaron Delia Fojo, de seis anos de idade- tamén galardoada un ano atrás- Carlos Fírvida e Brais Santalla. Firmaron un triplo empate con 76 títulos lidos.
No caso das persoas adultas, o título de lectoras máis voraces foi para Catalina del Valle Espinoza Nieto con 129 préstamos; Soraya Fernández, con 62 obras, e unha habitual deste ránking, a fenesa Manuela

Anca, con 53 libros da colección bibliográfica local.
Cómpre lembrar que un estudo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia sitúa á de Neda como a cuarta con máis préstamos bibliotecarios por cada 1.000 habitantes da comunidade, só por detrás das de Ortigueira, Beariz e Oleiros

As concelleiras de Cultura e de Sanidade e persoal técnico de Cultura entregaron aos premiados cadanseu lote de obras, con títulos adaptados aos seus gustos e idades.

Deja un comentario