
O Concello de Ribeira continúa traballando para acadar que as parroquias teñan os servizos básicos alí a onde non chegan así como a posta a punto e o mantemento das infraestruturas.
Segundo informa o alcalde, Luís Pérez, hoxe mesmo adxudicouse unha actuación para ampliar a rede de abastecemento en Olveira na estrada DP-7304, entre o cruzamento que vai ás Dunas de Corrubedo e o que vai ao lugar de Bretal.
“O tramo obxecto de intervención non dispón da rede de abastecemento de auga potable, de aí o interese do equipo de goberno municipal, de dotar á zona destes servizos; instalarase pola beirarrúa da devandita estrada que basicamente presenta un pavimento de terra, con soleiras de formigón nos accesos ás vivendas” expuxo Barral.
Para o abastecemento de auga procederase ao corte e demolición de pavimento (soleiras de acceso a vivendas), escavarase a gabia, instalarase a tubaxe para condución de auga potable, de PVC, alta densidade e logo procederase ao recheo e tapado de gabia, ademais da colocación de ventosas, válvulas de comporta e válvulas de baleirado.
Segundo informan dende o Concello tamén se realizará a reposición dos pavimentos afectados, neste caso serán as gabias por onde discorrerán as novas tubaxes; acondicionamento das superficies, amplicación da capa de saburra artificial de 10 cm de espesor, reposición de soleiras e amplicación de pavimento de formigón en reposición de soleiras.
O orzamento total da actuación ten un custo total de 28.464,19 euros e foi adxudicado á empresa Excavaciones Nima, S.L. no marco do POS+ 2024 cun prazo de execución de dous meses.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.