
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou no I Foro Europeo de Xestores de Sitios Patrimonio Mundial, celebrado este mércores en Granada
A Torre de Hércules, xestinada polo Concello da Coruña a través do Consorcio de Turismo, foi escollida este mércores para ostentar unha das vicepresidencias da Alianza de Paisaxes Cutlurais e Sitios Afíns Patrimonio Mundial. Este nomeamento produciuse no marco do I Foro Europeo de Xestores de Sitios Patrimonio Mundial, que se celebra na Alhambra de Granada desde onte, martes, ata o venres 25, ao que asistiu o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. “Este nomeamento é froito do gran traballo que estamos levando a cabo desde o Goberno de Inés Rey no coidado e promoción do noso patrimonio”, indicou Castro.
Este foro é un evento de carácter internacional e de gran relevancia que a Alianza organiza xunto co Ministerio de Cultura, o Patronato da Alhambra e a Rede Europea de Asociacións de Sitios Patrimonio Mundial. Aproveitando o marco deste encontro, a Alianza celebrou unha asemblea para renovar a súa xunta directiva, na que a Torre de Hércules foi escollida para ostentar unha das vicepresidencias.
Na actualidade, forman parte da Alianza un total de 12 enclaves españois e un portuguesa, cun total de 50 lugares e monumentos declarados Patrimonio Mundial pola UNESCO. A nivel galego, están representadas A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo. No caso coruñés, a cidade pertence a esta agrupación desde o ano 2009, cando a Torre de Hércules foi nomeada pola UNESCO como Patrimonio Mundial.
O Concello da Coruña presentou na candidatura da Torre de Hércules á xunta directiva unha proposta para incrementar o número de administracións membros da alianza, tanto a novos concellos como a deputacións provinciais e gobernos autonómicos, así como aos enclaves portugueses presentes na listaxe pero sen representación. “Isto permitirá levar a cabo máis proxectos comúns e crear sinerxías que beneficien ao conxuntos dos integrantes”, indicou Gonzalo Castro. Por outra banda, o Concello tamén propuxo un reforzo da colaboración institucional, potenciando os vínculos coa FEMP, o Ministerio de Cultura e a UE, creando un grupo de traballo específico sobre as paisaxes culturais.
Nova xunta directiva da Alianza
Presidencia: Paisaje cultural de la Serra de Tramuntana (Mallorca).
Vicepresidencias:
● Torre de Hércules
● Alhambra de Granada
● Paisaxe Cultural de Aranxuez
Vocalías:
● Dolmes de Antequera
● Paisaxe cultural do Risco Caído e montañas sagradas de Gran Canaria ● Ponte de Vizcaya
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.