
Thiago Vidal Vidal, alumno de 6º de primaria do CEP Carreira (Pé do Corniño) foi o gañador do IV Concurso escolar de deseño de marcapáxinas da biblioteca Municipal.
Ao acto de entrega asistiron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o técnico da Biblioteca Xan Fernández e o alumno gañador xunto aos compañeiros e compañeiras do colexio Pé do Corniño.
Os asistentes ao acto puideron ver a exposición na biblioteca dos 307 marcapáxinas participantes no concurso dos colexios CEIP de Olveira, Artes, Palmeira, Carreira, O Grupo e CPR Galaxia. Todos os deseños participantes estarán dende o día de hoxe ata fin de mes expostos en paneis na biblioteca; co deseño gañador fixéronse unhas copias que serán repartidas aos usuarios e usuarias da propia biblioteca.
O gañador Thiago Vidal sinalou que elixiu un motivo “mariñeiro e moi ribeirense”, Cruz Rivadulla lle entregou a Thiago un diploma honorífico, un lote de libros xunto cunha ducia de marcapáxinas co seu deseño para entregar aos amigos e familiares. A concelleira deulle as grazas aos alumnos presentes e estendeunas a tódolos participantes.
O xurado non o tivo doado pola gran calidad dos traballos, Antía sinalou que “o primeiro que se ten en conta son as faltas de ortografía.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.