Wednesday 30 de April de 2025

O Concello instalará Puntos Violetas nas festas de San Marcos, en Nós


Con motivo da celebración esta fin de semana das festas de San Marcos en Nós, o Concello instalará Puntos Violeta as noites do venres e sábado, de 23 a 3 horas, coa finalidade de seguir traballando activamente, como ata o de agora, na prevención e actuación fronte as violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas que poidan darse.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outro tipo de agresión machista, en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade, así como cos Servizos Sanitarios. Ademais, tamén son espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos e servizos municipais na materia, ademais de realizarse accións divulgativas adaptadas ás diferentes idades.

Deja un comentario