
O auditorio do centro social polivalente de Brión volveu quedar pequeno para acoller unha nova edición do Festival de Primavera, organizado polas Escolas de Música e Baile Tradicional de Brión en colaboración co Concello brionés. Un certame organizado en dúas quendas, para facilitar a asistencia das familias.
Na primeira quenda tomaron o escenario os grupos de infantil, primeiro, segundo e terceiro de Primaria. Hora e media despois tomaron o relevo os grupos de 4º, 5º e 6º de Primaria, así como o alumnado da ESO, xa que estas escolas conforman unha das actividades formativas con maior participación, chegando a reunir a máis de 150 nenos e nenas nas especialidades de baile tradicional, gaita e pandeireta.
Ademais de gozar da nosa tradición musical da man do alumnado e o profesorado das Escolas de Música e Baile Tradicional de Brión, tamén houbo un momento para homenaxear a unha cantareira local: Amalia García Manteira, veciña de Guitiande, quen ademais de desfrutar do festival e recibir unha merecida homenaxe, tamén se animou a interpretar unhas pezas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.