
Esta mañá, con motivo do Día da Terra, Gestán Conteco levou a cabo unha acción de concienciación cidadá en pleno centro da Coruña. Entre as 11:00 e as 14:00 horas, a zona do Obelisco converteuse nun punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en aprender e comprometerse co coidado do medio ambiente.
A actividade virou ao redor dun contedor serigrafiado instalado especialmente para a ocasión. Desde este punto, promovéronse boas prácticas ambientais de forma próxima, participativa e didáctica.
Durante a xornada realizáronse varias propostas, como un xogo de “Verdadeiro ou Falso” sobre reciclaxe e sustentabilidade, un reto de clasificación de residuos en diferentes tipos de contedores e unha acción simbólica na que os participantes escribiron en post-its os seus compromisos persoais para coidar do planeta. Sinxelos, pero con impacto, estes xestos convidaron á reflexión e á acción da man de Gestán Conteco
Entre todas as persoas que se animaron a participar, Gestán Conteco sorteou un pack de produtos con cafés ecolóxicos de Cafés Lúa e unha camiseta da campaña “Ou vaso que volve”.
Con esta acción, Gestán Conteco —empresa especializada na xestión integral e valorización de residuos, pertencente ao Grupo Gestán— quixo achegar o seu labor a pé de rúa e poñer en valor o poder transformador dos pequenos xestos. Porque coidar do planeta empeza por un mesmo, e cada acción conta.