Tuesday 22 de April de 2025

Inés Rey entrega as licenzas de venda ás 16  cooperativas escolares que participarán o 24 de maio  no mercado do proxecto Semente 


Este programa municipal acadou este ano unha elevada participación con  case un cento de alumnos de centros educativos da cidade 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá o acto  de entrega das licenzas de venda ás 16 cooperativas de oito centros educativos da cidade  que participan este ano no Proxecto Semente. Este programa municipal, que chega á súa  edición número 18, ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor, a cooperación e a  economía social entre o alumnado de Primaria dos centros educativos da cidade. 

Rey, que estivo acompañada pola concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana  Cabanas, sinalou que “os nenos e nenas que participan neste programa verán recompensado  todo o esforzo e ilusión postos durante todo o ano na creación dos seus propios proxectos  emprendedores e sentarán as bases para as seguintes edicións”. No acto, celebrado no Salón  de Sesión do Palacio Municipal de María Pita, participaron os 97 alumnos e alumnas que  forman parte desta edición. Tamén estiveron presentes 17 profesores dos oito centros  participantes.  

Durante o acto, os diferentes presidentes e presidentas das 16 cooperativas presentes  recibiron a súa licenza, que lles permitirá vender os seus produtos no mercado de San Agustín  durante a xornada programada para o 24 de maio, en horario de 10.30 a 14.30 horas.  Ademais, puideron explicar ao resto dos seus compañeiros en que consisten os seus  proxectos. 

Desde a súa posta en marcha no curso 2007/2008, o proxecto Semente ten implicado a máis  de 5.000 escolares, que constituíron ao longo de dezaoito edicións un total de 273  cooperativas escolares. A través de módulos formativos impartidos durante o curso, o  alumnado aprende a crear e xestionar a súa propia cooperativa escolar, asumindo tarefas de organización, toma de decisións democráticas, elaboración de produtos, promoción e  planificación de vendas. A filosofía do programa promove tamén o coñecemento do comercio  xusto, a igualdade e a responsabilidade social. A alcaldesa destacou que “proxectos como  Semente son unha mostra do compromiso do Concello coa educación en valores e coa  formación práctica e cidadá das novas xeracións”. 

Centros e proxectos participantes

 

CENTRO EDUCATIVO  CURSO  Nº PERSOAS  SOCIAS  NOME DA COOPERATIVA
CEIP Anxo da Garda 6ºA  17  Festa Rachada
6ºB  20  Arte da Garda
CEIP Manuel Murguía  6º  24  Keep The Calm
CPR Hijas de Jesús 4ºA  23  Natushop
4ºB  25  Os navegantes
4ºC  25  Videonajes
4ºD  25  Crazy Toys
CPR Sagrado Corazón 6ºA  25  Alucine
6ºB  25  Rewind Studios
6ºC  25  Del mar cero
CEIP Novo Mesoiro 5ºA  24  A Fraga Encantada
5ºB  25  Mesoiro Chef
CEEPR Nª Sª de Lourdes  E.E  11  Arteamigos
CPR Montegrande  6º  25  Montefantasy
CEIP San Pedro de 

Visma

5ºA  17  Ecovisma
5ºB  17  Proxecto Cinema

 

Deja un comentario